xoves, 15 de decembro de 2016

VIRÁ O APALPADOR?

Achéganse as datas e nós, igual que o mesmo Paco Nogueiras no Brinca Vai!, preguntámonos se...virá... O Apalpador.



Para iso...tería que baixar das montañas do interior e vir a parar á Comarca do Salnés. 
Faríanos moita ilusión que nos visitara! A verdade. Nesta nosa zona  non notamos tanto  frío coma na montaña de onde vén el.

Quen é O Apalpador? 
Para aquelas familias que non coñecen quen é este personaxe mítico con identidade galega...fixemos un traballo de documentación. Investigamos:
1. Quen é?
2. Cómo é? 
3. De onde é?

Comezamos a nosa procura na rede. Buscamos en Google Imáxenes. Apareceron en primeirísima liña O Apalpador, Papá Noel e...Olentzero! Vaia, observamos as imaxes e descobrimos os primeiros parecidos entre personaxes...

Os tres son homes maiores, de barba, fortes e con boa panza. 
Os tres veñen de zonas frías, da montaña.Veñen abrigados.
Os tres cargan cun saco onde levan algo para as nenas e nenos.

Papa Noel vén de máis lonxe e ten identidade máis universal. Olentzero é vasco, vive nas montañas do País Vasco.
O Apalpador... é galego!Vive nas montañas do interior, de Lugo.

Sabios maiores que se preocupan polas nenas e polos nenos, polo futuro! Queren que as nenas e nenos medren sans e alegres en contacto co seu entorno natural.

Unha vez que observamos como é O Apalpador en moitas das imaxes da rede...elaboramos unha detallada descrición para caracterizalo e poder contar... como é e  como vai vestido
Youssef, Joel e Martín de 5ºB fan o resumo en versión audio... 




Tamén atopamos vídeos e información para saber máis deste persoeiro. Un vídeo que nos encantou foi o Videoconto que fixeron os do cole CEIP Coirón de Dena hai xa cinco anos, sobre o traballo de Xoan G. Precioso!
Quedanos claro que fai O Apalpador coa súa navalla. Trae  xoguetes de madeira que...el mesmo fai. Tamén trae castañas!Prestamos atención!



Sabíamos que tiña que haber máis cancións, ademáis da de Paco Nogueiras que falasen deste señor importante. E...efectivamente! Atopamos unhas cantas.

Deixamos aquí a letra dunha canción de Pablo Díaz, do seu libro Toc Toc e que se titula xusto...O Apalpador. 

O APALPADOR

Dende o alto das montañas,

das montañas do Courel,
vén baixando cunha boina,
longa barba leva el.

O xigante Apalpador

traballa de carboeiro,
cando chega o Nadal
todo o mundo quere velo.

O Apalpador,

personaxe singular,
anda a visitar as casas,
e as barrigas apalpar.

Preparádevos neniñ@s,

que aí vos vén o Apalpador,
tede as barrigas cheas,
e durmide, por favor.

Vai vir o Apalpador,

vai traervos as castañas,
deixaravos unha presa,
pretiño das vosas camas.

O Apalpador,

personaxe singular,
anda a visitar as casas,
e as barrigas apalpar.

O xigante Apalpador

tamén é o pandigueiro,
polas montañas de Trives
aparece moi festeiro.

Alí tamén é querido,

fai visita o vinte e catro,
este home carboeiro
cargadiño co seu saco.

O Apalpador,

personaxe singular,
anda a visitar as casas,
e as barrigas apalpar.






Texto de Pablo Díaz, libro TOC TOC.
 Sonárbore. Editorial Galaxia.
 Ilustracións de Nuria Díaz







Hai dous anos, o actual grupo de 5º curso de EP do CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo-Viveiro (colexio co que traballamos en Irmandade este ano) fixo una simpática representación con esta canción. Conseguiron que todo o colexio cantara con eles... O Apalpador personaxe singulaaaar... Vémelos! Animámonos a cantar con Pablo Díaz e co alumnado de 3º EP daquela. Así tamén xa os imos coñecendo un pouco...





O Alumnado de 3º EP do CEIP ESCARABOTE, Boiro, o curso pasado, tamén traballaron esta canción facendo exercicio de Escoita...e un curioso ditado...





Agardamos entón este ano... para logo poder contar se O  Apalpador veu a Barrantes e como foi esa visita...

Ningún comentario:

Publicar un comentario