luns, 6 de marzo de 2017

AVOAS, MATRIARCAS. BANDA SONORA

O Equipo de Dinamización da Lingua está moi emocionado  pola formidable acollida que está a ter a Campaña das Avoas.
Grazas familias pola vosa colaboración! 
Grazas tamén ás titoras e titores!
Están chegando cada vez mais avoas (fotos e textos) para encher os corredores.
As nosas avoas, as verdadeiras matriarcas.

Esta vez a Banda sonora vai  para ELAS.

A primeira canción da escolla vai na voz da grande Gaudi Galego. Matriarcas! Mulleres.
Podemos seguir a letra na pantalla. 

domingo, 5 de marzo de 2017

QUEN FOI JULIA BECERRA MALVAR?

O noso centro educativo, o noso colexio...ten nome de muller.
Os colexios, o mesmo que as rúas, levan o nome de alguén importante e destacado desa comunidade.
Mentres nos documentamos e montamos as fichas de mulleres importantes AS NOSAS AVOAS , procuramos outras mulleres importantes na nosa historia e na nosa vida
Coñecendo historia, coñecendo pasado e aprendendo da nosa identidade.

Por que o noso colexio leva o nome de Julia Becerra Malvar?


mércores, 1 de marzo de 2017

AS NOSAS AVOAS


Levamos o apelido do noso pai e o apelido da nosa nai. Daquela tamén levamos os apelidos dos nosos avós (o pai do noso pai e o pai da nosa nai). Pero...non levamos os apelidos das avoas!
Co importante que son as nosas avoasNon só polos coidados, os bicos e as ricas filloas...
Sen elas...non existirían nin o noso pai...nin a nosa nai. Daquela, non existiríamos nós tampouco...
Canto lles debemos ás avoas! Mulleres maiores que aportaron á nosa vida.
Estaría ben coñecer mellor ás nosas avoas, e comprender mellor a nosa identidade e sentir orgullo de ser...quen somos!



Son As Nosas Avoas. Por iso queremos facelas visibles! Queremos encher os corredores do colexio coas  avoas como protagonistas. Neste mes de marzo, comezando coa celebración do 8M.


Cómo facemos?

1. Documentámonos sobre as nosas avoas. Procuramos tempo para falar con elas, estar con elas e perguntarlles:

  • Data e lugar  de nacemento. Este dato é importante para situar ás nosas avoas na época que lles tocou vivir.
  • Traballo ou traballos que teñen e que tiveron ao longo da súa vida.
  • Habilidades e outras actividades. Que lle gusta ou sabe facer ben a avoa?
Tamén podemos completar a información cos nosos pais ou con outra xente que as coñece ben, familiares ou amigas e amigos.
Avoa tamén pode ser...a Bisavoa ou...aquela tía ou madriña que viviu con nós na casa e que por idade podería ser avoa... A que nos aprendeu moitas cousas, entre elas...a medrar!

2. Rexistramos a información. Tomamos apuntamentos dos datos. Facemos un borrador do texto que queremos facer público. Revisamos e corriximos, para que non leve erros ortográficos.

3. Procuramos unha foto representativa da avoa. Foto onde ela é a protagonista, onde se vexa o seu rostro, a súa faciana. Se non temos foto da avoa...tirámoslle unhas cantas e escollemos con ela cal é a mellor, a que vai a ser publicada. Xogamos a ser reporteiras e reporteiros da imaxe da avoa.


4. Nun soporte de cartolina tamaño A4, montamos e colocamos a información:

A miña AVOA _______________, a foto e o texto acompañante estructurado. 


Lembra que estas fichas das avoas son para ser expostas nos corredores do colexio. Deben ir en letra ben clariña posto que é para que se poda ler con facilidade. Por iso é ben facer o borrador antes e non escribir directamente na cartolina.
Se tes dúbidas, co borrador, pide axuda á titora ou titor para corrixir e ter un texto sin faltas. Podes empregar as tecnoloxías para asegurar un texto lexible.



Ao final do curso queremos facer  libros de fichas das avoas para a nosa Biblioteca. Por iso queremos que as fichas leven o mesmo tamaño e forma, para poder encadernalas sen problemas.



Animádevos a participar desta actividade! Cantas máis avoas, máis aprendizaxe para nós. Ademais, deste xeito pasaremos máis tempo con elas. Xa dicía O Apalpador,na súa mensaxe de Nadal, que era importantísimo xuntar as xeracións...O pasado e o futuro nun presente!



Esperamos polas vosas e nosas avoas! Queremos coñecelas!



SABORES DE ENTROIDO


A que sabe o entroido? O Entroido sabe...a cocido e a sobremesas principalmente.

a COCIDO! Vou a cociñar, tesme que axudar...?
COCIDO SINFÓNICO! 
Poñemos na pota... auga...sal....





Patacas!


Verdura!


Garabanzos!


Chourizos, costela...


Orellas, fouciño...



Xa temos os ingredientes e a receita.Logo dun bo cocido...
Entroido tamén sabe a....
SOBREMESAS!
Grazas familias polas sobremesas e receitas que achegástedes ao colexio!

As sobremesas máis características...as de sempre....

Filloas


Orellas


Roscas


Como poidemos comprobar nas receitas e nas mostras, ainda que as sobremesas leven os mesmos ingredientes e se siga a mesma receita...depende moito...de quen as faga!
Se queremos cociñar sobremesas de entroido, necesitamos : fariña, leite, ovos, azucre, manteiga e canela.


CANTA , CANTA, PAXARIÑO CANTA!

A banda sonora para facer a transición desde a Candeloria dos paxariños e introducir o fermoso Proxecto sobre poesía que nos terá ocupadísimos febreiro e marzo é... a Alborada de Rosalía!
Xuntamos datas para celebrar:

Logo da Candeloria...
21 de febreiro: Día da Lingua Primeira, 
24 de febreiro: 180 anos do nacemento de Rosalía
21 de marzo: Día da Poesía...
 e ...comezo da Primavera.



domingo, 12 de febreiro de 2017

DÍA MUNDIAL DA RADIO. 13 DE FEBREIRO

O Día 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio.



Ponte nas Ondas! estrea o seu portal Escolas nas Ondas, espazo para difundir e espallar os podcast e os programas das escolas galegas e portuguesas de todo o ámbito da lusofonía.
Participamos das súas propostas.
As escolas poden enviar os programas ou podcast que desexen ao enderezo web@escolasnasondas.com 

A RADIO ES TI, é o lema de este ano. Tamén pode participar abertamente todo o mundo a través do WhatsApp, mensaxes ao número 634 878 120, podendo contar experiencias persoais coa radio.



Para facer boa radio...necesitamos escoitar moita radio, escoitar aos profesionais que fan radio desde anos.


xoves, 9 de febreiro de 2017

CANDELORIA 2017

Os corredores do colexio, igual que os escaparates dos comercios neste mes de febreiro, énchense dos corazóns de Candelária que chegan dende as casas.

Logo de ler e comprender sobre esta festa, os corazóns reflexan imaxes de paxaros, natureza, luz e moito amor!
Grazas familias pola vosa colaboración!



 Na imaxe, algúns dos primeiros corazóns de Candeloria que chegaron desde as casas das familias dos pequenos e pequenas de 4 aniños.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

MENOS CONFLICTOS E MÁIS CANDELORIA!


QUE É A CANDELORIA?


Mentres nos documentamos e aprendemos desta Festa e da súa tradición,imos preparando os nosos corazóns con mensaxes agarimosas de amor e de amizade...

A Lingua é... palabra de amor que escribiremos no corazón!



FLORES E CORAZÓNS!


O alumnado de quinto curso asociouse, este curso,  nunha Cooperativa chamada ReciclArt. ( Reciclaxe + Arte).

Nesta Candeloria prepararon un producto especial que poderedes mercar moi económicamente. 
Unha flor acompañada dunha mensaxe de amor!

Non te quedes sen decir o que sintes!
Envía as túas mensaxes de amor.

ReciclArt axúdache con un conxunto ideal: unha fermosa flor portadora de agarimosas mensaxes.



Até 40 mensaxes de corazón distintas onde escoller a que máis se axeita ao que se quere dicir. Tamén se pode personalizar a mensaxe no momento da compra.
Anímate e manda amorosas mensaxes de Candeloria!

Desta maneira estarás axudando á Cooperativa ReciclArt. Os beneficios irán en parte (20%)para Aldeas Infantís, de Redondela.


Grazas pola vosa colaboración!


A CANDELORIA.


Logo de documentarnos (procurando información), xa temos preparado un textiño explicativo para saber desta Festa tradicional galega do Amor e da Amizade.



Os textos en papeis de cores irán dirixidos ás nosas familias xunto con unha plantilla de corazón que oriente o traballo plástico. Trátase de que cada familia, logo de ler o texto da Candeloria ilustre e engalane o seu corazón. Cos materiais e técnicas plásticas que prefiran, pero relacionado co significado desta festa.
Os corazóns iranse expoñendo nos corredores a medida que veñan engalanados da casa. Que boas exposicións que faremos!
Ponlle corazón!
Estaremos traballando sobre a Candeloria desde o Día 2, que é o propio da Candeloria até o día 14...Día de San Valentín.
Amor e Amizade no mes de febreiro. Comezan os paxariños e vaise contaxiando a todo o Reino Animal.

Anímense e prepárense, corazóns!


sábado, 28 de xaneiro de 2017

BANDA SONORA DE PAZ


Cada 30 de xaneiro , Día da Paz e a Non Violencia, todos os colexios preparan a súa conmemoración e maniféstanse colectiva e simbólicamente.

Antes da conmemoración ese día, os días previos son días de reflexión sobre a paz e os conflictos, búscanse cancións, prepáranse escritos e poemas. Tamén Manifestos logo da documentación e a reflexión.

Algunas cancións sobre paz en galego...
Paco Nogueiras coas Apertas que voan do Brinca vai....

FESTIVAL DO NADAL E VISITA DO APALPADOR


Pois sí, fixemos un bo Festival de Nadal onde o alumnado máis novo foi o protagonista.  Infantil, 1º e 2º de Primaria tiñan preparadísima a posta en escea. Cantaron, bailaron, recitaron. Que ben o fixeron!

Logo da actuación de 2º, una estudiada coreografía para escenificar a Cantiga do Apalpador...cara ao final da actuación, parouse literalmente a escea. As rapazas e rapaces ficaron paralizados... e entón...apareceu o propio Apalpador para gravarlles un bo Maniquí Challenger.

O Apalpador non veu só, veu acompañado dalgúns dos seus veciños da montaña. Falounos do importante que é estar en contacto coa natureza e  cos nosos maiores. Tamén alertou do importante que é a Lectura. Trouxonos, para a Biblioteca do colexio uns libros para poder crear xoguetes con materiais que atopamos na natureza.