domingo, 29 de xaneiro de 2017

MENOS CONFLICTOS E MÁIS CANDELORIA!


QUE É A CANDELORIA?


Mentres nos documentamos e aprendemos desta Festa e da súa tradición,imos preparando os nosos corazóns con mensaxes agarimosas de amor e de amizade...

A Lingua é... palabra de amor que escribiremos no corazón!



FLORES E CORAZÓNS!


O alumnado de quinto curso asociouse, este curso,  nunha Cooperativa chamada ReciclArt. ( Reciclaxe + Arte).

Nesta Candeloria prepararon un producto especial que poderedes mercar moi económicamente. 
Unha flor acompañada dunha mensaxe de amor!

Non te quedes sen decir o que sintes!
Envía as túas mensaxes de amor.

ReciclArt axúdache con un conxunto ideal: unha fermosa flor portadora de agarimosas mensaxes.



Até 40 mensaxes de corazón distintas onde escoller a que máis se axeita ao que se quere dicir. Tamén se pode personalizar a mensaxe no momento da compra.
Anímate e manda amorosas mensaxes de Candeloria!

Desta maneira estarás axudando á Cooperativa ReciclArt. Os beneficios irán en parte (20%)para Aldeas Infantís, de Redondela.


Grazas pola vosa colaboración!


A CANDELORIA.


Logo de documentarnos (procurando información), xa temos preparado un textiño explicativo para saber desta Festa tradicional galega do Amor e da Amizade.



Os textos en papeis de cores irán dirixidos ás nosas familias xunto con unha plantilla de corazón que oriente o traballo plástico. Trátase de que cada familia, logo de ler o texto da Candeloria ilustre e engalane o seu corazón. Cos materiais e técnicas plásticas que prefiran, pero relacionado co significado desta festa.
Os corazóns iranse expoñendo nos corredores a medida que veñan engalanados da casa. Que boas exposicións que faremos!
Ponlle corazón!
Estaremos traballando sobre a Candeloria desde o Día 2, que é o propio da Candeloria até o día 14...Día de San Valentín.
Amor e Amizade no mes de febreiro. Comezan os paxariños e vaise contaxiando a todo o Reino Animal.

Anímense e prepárense, corazóns!


sábado, 28 de xaneiro de 2017

BANDA SONORA DE PAZ


Cada 30 de xaneiro , Día da Paz e a Non Violencia, todos os colexios preparan a súa conmemoración e maniféstanse colectiva e simbólicamente.

Antes da conmemoración ese día, os días previos son días de reflexión sobre a paz e os conflictos, búscanse cancións, prepáranse escritos e poemas. Tamén Manifestos logo da documentación e a reflexión.

Algunas cancións sobre paz en galego...
Paco Nogueiras coas Apertas que voan do Brinca vai....

FESTIVAL DO NADAL E VISITA DO APALPADOR


Pois sí, fixemos un bo Festival de Nadal onde o alumnado máis novo foi o protagonista.  Infantil, 1º e 2º de Primaria tiñan preparadísima a posta en escea. Cantaron, bailaron, recitaron. Que ben o fixeron!

Logo da actuación de 2º, una estudiada coreografía para escenificar a Cantiga do Apalpador...cara ao final da actuación, parouse literalmente a escea. As rapazas e rapaces ficaron paralizados... e entón...apareceu o propio Apalpador para gravarlles un bo Maniquí Challenger.

O Apalpador non veu só, veu acompañado dalgúns dos seus veciños da montaña. Falounos do importante que é estar en contacto coa natureza e  cos nosos maiores. Tamén alertou do importante que é a Lectura. Trouxonos, para a Biblioteca do colexio uns libros para poder crear xoguetes con materiais que atopamos na natureza.