luns, 17 de outubro de 2016

DA VIÑA Á MESA! UVA E LOGO VIÑO, TINTO OU ALBARIÑO

Ademáis das Cantigas e os ditos que se recolleron, están chegando ao colexio verdadeiros reportaxes fotográficos e traballos de documentación sobre a Vendima e o Proceso de elaboración do viño, tanto o xeito artesanal como o proceso agora, nas adegas e coa axuda de máquinas sofisticadas.

Grazas familias por implicarse e axudar tanto neste fermoso Proxecto! 
Iremos completando a entrada cos traballos, unha vez correxidos e preparados para publicárense. Prema en Ler máis para seguir lendo esta entrada.

Somos de Barrantes e Somos do Salnés!O viño é importantísimo nesta zona, pois é fonte de ingreso para moitas familias.

O Equipo de Dinamización da Lingua está moi agradecido pola implicación no Proxecto e no esforzo que se fixo en xeral para documentar o traballo e expresalo en Língua Galega.
As fotos aportadas son de grande calidade. Acompáñanse de pés de fotos e de textos. Descríbese o proceso antaño e o proceso de agora. Imaxe e texto perfectamente combinadas para ilustrar o camiño que se fai dende a planta e a uva (materia prima) até a degustación do viño (producto elaborado).
Aprendemos moitísimo! Do proceso do viño e tamén sobre a Nosa Lingua. Estamos a elaborar un vocabulario temático con fotografía e descrición, ademáis da recopilación da información achegada para a reelaboración do traballo final de documentación gráfica de todo o proceso.
De seguro que todos podemos seguir aportando cousiñas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario