luns, 17 de outubro de 2016

IRMANDADES DA FALA E DA ESCRITA...BARRANTES, ESCARABOTE E SANTA RITA!

Agora xa é oficial! Tres colexios de distinta localidade, Concello, Comarca  e provincia imos a facer unha Irmandade para traballar xuntos arredor da Nosa Lingua e da Nosa Cultura. Coma se de un Comenius á galega se tratase! Moitísima aprendizaxe entre centros, Comunidades Escolares e zonas. Intercambios de Proxectos,de actividades, de  celebracións...


O curso pasado comezaron coa Irmandade da fala e da escrita...de Escarabote a Santa Rita! o CEIP Escarabote, de Boiro(A Coruña) co CEIP Plurilíngüe Santa Rita, de Galdo, en Viveiro (Lugo).
O alumnado foise presentando durante o curso de distintas maneiras: videos de presentación dos máis pequenos, postais turísticas con fotos da zona, correo postal coma antaño, cartas colectivas tamén en audio, postais de Nadal...logo foron intercambiando interesantes actividades, descricións de cole e profes, celebracións e  proxectos que estaban traballando, de paisaxes que contemplaban polas súas ventás,...
En Xuño, ao remate do curso, un grupo representativo de Escarabote visitou Viveiro e fixose toda unha xornada de actividades intercentros organizada polo anfitrión , o colexio de Galdo. O resultado foi boísimo! Moitísima aprendizaxe e moi boa experiencia. Así que este ano...continúan.
Este curso escolar, os Equipos de Dinamización de Escarabote e de Galdo convídannos a participar nunha triple Irmandade, para traballar co mesmo fin...para aprender xuntos sobre a Nosa Lingua e a Nosa Cultura!
O CEIP de Escarabote será este ano o anfitrión que acolla, ao final de curso, un grupo representativo de Galdo e un grupo representativo de Barrantes. 
Convencidos do bo que estas actividades intercentros aportan , os tres Equipos dos tres centros traballan coordinados para que o desenvolvemento desta actividade sexa o esperado.
Animamos  a participar dunha Irmandade que xa está a dar comezo coas distintas  presentacións.

CEIP Plurilíngüe SANTA RITA, en Galdo. Concello de Viveiro.
Comarca da Mariña. Provincia de LUGO.

CEIP ESCARABOTE, en Escarabote. Concello de Boiro.
Comarca da Barbanza. Provincia de A CORUÑA.

CPI JULIA BECERRA MALVAR. Barrantes.
Concello de Ribadumia. Comarca O Salnés.
Provincia de PONTEVEDRA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario