martes, 1 de novembro de 2016

MOITO MAXÍN NO SAMAÍN!


Encántanos Paco Nogueiras e o seu Brinca Vai!
 No Samaín!...moito maxín!




Moito maxín tamén houbo no noso colexio estes días! Engalanáronse as portas das aulas con MORCEGOS, PANTASMAS, MOUCHOSCABAZAS CALACÚS, DEMOSTRASNOS, DIAÑOS, MEIGAS, BRUXAS, ARAÑEIRAS...de medo! Porque o medo vai a ser a temática que nos terá ocupados tamén no mes de novembro.
Comezamos coas portas, preparándose para a celebración do Samaín. 
(Como se fosen as portas que separan os mundos da vida e a morte, as mesmas que atravesan os defuntos na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro...ou...as portas que pechan o verán un ano máis para traer uns meses de escuridade...e de frío...)


Que é iso do Samaín?_ preguntaredes vós. Será o mesmo que o Halloween
Non tardarán en rematarse os traballos de Documentación sobre esta celebración, e sobre os personaxes de medo en Galicia. O alumnado anda na procura de información e respostas...
Unha vez coñecida a celebración, os personaxes e o vocabulario de medo...artellaranse uns contos...que nos farán tremer cando os escoitemos!

Algunha bibliografía que pode axudarnos:



O NOSO SAMAÍN. Novidade da Editorial Galaxia.
Texto de Loretta Birott  e Ilustracións de Nuria Valdeón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario