sábado, 28 de xaneiro de 2017

BANDA SONORA DE PAZ


Cada 30 de xaneiro , Día da Paz e a Non Violencia, todos os colexios preparan a súa conmemoración e maniféstanse colectiva e simbólicamente.

Antes da conmemoración ese día, os días previos son días de reflexión sobre a paz e os conflictos, búscanse cancións, prepáranse escritos e poemas. Tamén Manifestos logo da documentación e a reflexión.

Algunas cancións sobre paz en galego...
Paco Nogueiras coas Apertas que voan do Brinca vai....
Escoita que letra máis fermosa ten a canción...Escoita!





En LSE, as Apertas que voan polo CEIP Escultor Acuña, no seu canle As nosas mans...
Anímate e sigue a canción!




Tamén en versión LSE e co añadido dos pictogramas, As Campás pola Paz, pista dentro do libro disco Pan de Millo de Migallas.  "Da importancia de colaborar...."





O mundo é grande...Mamá Cabra




Ou...Sorrir-Reggae de A Gramola Gominola! Sorrir, soñar e estar en paz.



No noso colexio preparamos a canción Don Melitón...




 Unha canción moi traballada nos colexios este ano sae dunha iniciativa que nace en Castela e León e se foi estendendo. Trátase da interpretación ducha coñecida canción  (Como te atreves a volver? de Morat ) á que  Inés García del Barrio,unha rapaza de 6º de Primaria, adaptou a letra. España canta por Siria. Atopamos o Karaoke coa letra traducida ao Galego por Lucía Paz Rocha. Atréveste a cantar? Aquí deixamos o enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario