domingo, 29 de xaneiro de 2017

MENOS CONFLICTOS E MÁIS CANDELORIA!


QUE É A CANDELORIA?


Mentres nos documentamos e aprendemos desta Festa e da súa tradición,imos preparando os nosos corazóns con mensaxes agarimosas de amor e de amizade...

A Lingua é... palabra de amor que escribiremos no corazón!



FLORES E CORAZÓNS!


O alumnado de quinto curso asociouse, este curso,  nunha Cooperativa chamada ReciclArt. ( Reciclaxe + Arte).

Nesta Candeloria prepararon un producto especial que poderedes mercar moi económicamente. 
Unha flor acompañada dunha mensaxe de amor!

Non te quedes sen decir o que sintes!
Envía as túas mensaxes de amor.

ReciclArt axúdache con un conxunto ideal: unha fermosa flor portadora de agarimosas mensaxes.



Até 40 mensaxes de corazón distintas onde escoller a que máis se axeita ao que se quere dicir. Tamén se pode personalizar a mensaxe no momento da compra.
Anímate e manda amorosas mensaxes de Candeloria!

Desta maneira estarás axudando á Cooperativa ReciclArt. Os beneficios irán en parte (20%)para Aldeas Infantís, de Redondela.


Grazas pola vosa colaboración!


A CANDELORIA.


Logo de documentarnos (procurando información), xa temos preparado un textiño explicativo para saber desta Festa tradicional galega do Amor e da Amizade.



Os textos en papeis de cores irán dirixidos ás nosas familias xunto con unha plantilla de corazón que oriente o traballo plástico. Trátase de que cada familia, logo de ler o texto da Candeloria ilustre e engalane o seu corazón. Cos materiais e técnicas plásticas que prefiran, pero relacionado co significado desta festa.
Os corazóns iranse expoñendo nos corredores a medida que veñan engalanados da casa. Que boas exposicións que faremos!
Ponlle corazón!
Estaremos traballando sobre a Candeloria desde o Día 2, que é o propio da Candeloria até o día 14...Día de San Valentín.
Amor e Amizade no mes de febreiro. Comezan os paxariños e vaise contaxiando a todo o Reino Animal.

Anímense e prepárense, corazóns!


Ningún comentario:

Publicar un comentario