luns, 6 de marzo de 2017

AVOAS, MATRIARCAS. BANDA SONORA

O Equipo de Dinamización da Lingua está moi emocionado  pola formidable acollida que está a ter a Campaña das Avoas.
Grazas familias pola vosa colaboración! 
Grazas tamén ás titoras e titores!
Están chegando cada vez mais avoas (fotos e textos) para encher os corredores.
As nosas avoas, as verdadeiras matriarcas.

Esta vez a Banda sonora vai  para ELAS.

A primeira canción da escolla vai na voz da grande Gaudi Galego. Matriarcas! Mulleres.
Podemos seguir a letra na pantalla. 






A segunda canción da escolla titúlase  Avoa María . Forma parte do disco Tempo de Xogos. Sonaxe records. Un disco feito en Boiro , desde a Escola de música. A voz é a de Sonia Lebedynski.





 Para que poidades seguir a letra e vos anidemos a cantar!...




Ainda que a palabra galega sexa AVOA (co "uve") nós identificámonos máis coa palabra en castelá "Abuela". Daquela, a terceira canción da escolla é xusto MIÑA "ABUELA" MANUELA do libro disco Pan de millo, de Migallas.





Agora tócache a ti facer a proposta! 
Sabes de algunha canción na nosa Lingua Galega que fale das avoas ou das matriarcas? 
Achega a túa proposta para completar  a banda sonora! Escríbea nos comentarios ou por correo electrónico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario