domingo, 5 de marzo de 2017

QUEN FOI JULIA BECERRA MALVAR?

O noso centro educativo, o noso colexio...ten nome de muller.
Os colexios, o mesmo que as rúas, levan o nome de alguén importante e destacado desa comunidade.
Mentres nos documentamos e montamos as fichas de mulleres importantes AS NOSAS AVOAS , procuramos outras mulleres importantes na nosa historia e na nosa vida
Coñecendo historia, coñecendo pasado e aprendendo da nosa identidade.

Por que o noso colexio leva o nome de Julia Becerra Malvar?


QUEN FOI JULIA BECERRA MALVAR? Barrantes



Desta volta a documentación é moito máis xornalística. Xa non temos tanta información directa, haberá que tirar de hemeroteca, dos libros publicados e da Memoria Local. Poida que Bisavoas e xente maior aporten ao traballo.




Poida que non topemos bibliografía en galego... Isto tradúcese en máis aprendizaxe ainda á hora de escribilo na nosa Lingua. Faremos un bo documento final en galego,claro!



Imos recoller os datos e elaborar un bo resumo da Condesa de Barrantes que deu nome ao noso colexio. Situarémola na época e contaremos quen foi, que cousas fixo e porque se chama así o colexio.



O traballo final desta documentación será enviado ao CEIP Plurilíngüe Santa Rita de Galdo (Viveiro), colexio co que traballamos en Irmandade este curso escolar.



As compañeiras e compañeiros de Viveiro tamén se documentarán sobre una muller destacada na historia e vinculada á súa vila. Maruja Mallo, artista polifacética nada en Viveiro. Cando teñan o traballo feito mandarán ao colexio o resultado.


QUEN FOI MARUJA MALLO? Viveiro.




Intercambiamos Mulleres destacadas da nosa historia
. Sabemos e aprendemos máis nós, deste xeito.



No caso de Maruja Mallo vai a ser una información moi útil a que nos envien. Pois, sobre a obra artística desta formidable muller traballaremos no mes de Abril.


Abril abre o mes co Día da Arte Galega, este ano adicada a Maruja Mallo. Abril tamén é mes de libros e lecturas. Xusto este curso o lema e temática de Bibliotecas escolares versa sobre Arte. Así que en Abril contaremos arte e obras de Maruja Mallo.


Que sorte traballar con compañeiras e compañeiros de Viveiro! Canta aprendizaxe nos espera! Comezamos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario