mércores, 1 de marzo de 2017

CANTA , CANTA, PAXARIÑO CANTA!

A banda sonora para facer a transición desde a Candeloria dos paxariños e introducir o fermoso Proxecto sobre poesía que nos terá ocupadísimos febreiro e marzo é... a Alborada de Rosalía!
Xuntamos datas para celebrar:

Logo da Candeloria...
21 de febreiro: Día da Lingua Primeira, 
24 de febreiro: 180 anos do nacemento de Rosalía
21 de marzo: Día da Poesía...
 e ...comezo da Primavera.



Pois...xa iniciados nas mensaxes  e versos poéticos  como chíos de paxariños, na festa do amor e da amizade é o momento de meterse de cheo nos versos. Versos da Nosa Rosalía!
Ata o 24 de febreiro estivemos moi liados coa montaxe do Entroido. O 24F cadraba xusto o venres de celebración do Entroido no cole. Non quixemos misturar no mesmo día Rosalía e desfile de Entroido.
Decidimos que antes do Entroido faríamos una introducción do traballo enfocado e, despois dos días de descanso...centraríamonos de cheo.

POESÍA: ROSALÍA E MANUEL MARÍA.

Obradoiros de Poesía: Poesía para a vida, preparación de recitados e versos reescritos , versionados e musicados. Versos que tiran doutros versos,...Creacción, sentimento e reflexión...


A poesía non só son rimas , nin só son de amor....Combinando as palabras e o compás musical estas palabras poden resultar  moi distintas expresións e poden activar moi distintas emocións.

O 24 de marzo está solicitado o Auditorio para facer un gran acto Homenaxe á Poesía
Rosalía de Castro e  Manuel María serán os padriños escollidos.
Traerémolos aos dous a escena, a través dos seus versos e os nossos pensamentos.


  • Dedicarémoslles palabras de agradecemento,
  • Devolverémoslle algúns dos seus versos, reescritos, ilustrados , versionados, musicados...
  • Faremos difusión dos versos...polo aire, polo Auditorio e por Barrantes adiante.
Voarán ...versos de cores! 
Para que todo o mundo poda coñecelos, lelos e disfrutalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario